Categoría: Novas

Categoría: Novas

Exito de público e agrupacións musicais na II Ruada de Terra de Montes

A Asociación Verbo Xido celebra estes días o éxito por partida dobre. O sábado 26 de febreiro foi un éxito de asistencia de público (unhas 250 persoas) e de participación de grupos musicais de Terra de Montes e da contorna (máis de 12) que prolongou a Ruada benéfica a prol do CETMo (Centro Etnográfico de Terra de Montes), celebrada no Salón Avenida de Soutelo ata as 5 h. da madrugada, contribuíndo deste xeito a difundir e impulsar a música galega. Ademais, ese mesmo día confirmábase a concesión por parte do Concello de Forcarei dunha axuda para o funcionamento do CETMo de 1000 €, con cargo ao orzamento de 2010, que xa foran debidamente xustificados pola nosa asociación, e outra axuda pola mesma cantidade para o presente ano 2011. No nome de todos os membros da Asociación Verbo Xido.

 Queremos agradecer públicamente a xenerosa colaboración das agrupacións musicais que nos acompañaron na Ruada, ás persoas que acodaron a colaborar económicamente e á Corporación Municipal de Forcarei por esta nova contribución para un mellor futuro do CETMo.

II Ruada de Terra de Montes

Verbo Xido está a organizar, para o vindeiro 26 de febreriro, unha ruada solidaria co fin de recadar fondos para axudar a sufragar as obras de rehabilitación do Centro Etnográfico de Soutelo de Montes rematadas hai una ano e con algúnha contiña pendent aínda.

Agardamos organizar unha velada inesquecible coa presenza de todos os grupos musicais da bisbarra maís algún chegado de outras terras.

Daquí a uns días darémosvos información máis precisa con todo o elenco estelar que amenizará tan festiva ocasión, pero mentras ide marcando nas vosas axendas o 26 de febreiro para vir de farra.

Unha aperta e Feliz Aninono

Novos horizontes para o CETMo

O Centro Etnográfico da Terra de Montes emprazado en Soutelo de Montes, Concello de Forcarei, toma un novo impulso  coa recente eleción na asemblea da Asociación VERBO XIDO, realizada o pasado 3 de xullo, dun Consello de Dirección presidido por Gumersindo Guinarte Cabada. Gumersindo Guinarte Cabada, natural de Castrelo, asume así o reto decidido pola Asociación e dado a coñecer no editorial do Boletín nº 24 de VERBO XIDO (Febreiro 2010) de que “o CETMO abra novas vías de diálogo coas institución locais e aposte polo traballo en rede cunha xestión máis profesionalizada e con cometidos máis ambiciosos“. Así o manifestaba o novo presidente da entidade ao tempo que engadía “ata agora o CETMO estaba tutelado polo colectivo social VERBO XIDO que realizou un traballo extraordinario tanto na mellora e posta en valor do edificio que alberga a colección etnográfica como na promoción e difusión da cultura de Terra de Montes. O novo equipo, temos por diante un reto ilusionante pero ambicioso que esperamos levar a cabo“.

A decisión de apostar por un equipo rector para o Centro Etnográfico foi tomada  na devandita asemblea da asociación VERBO XIDO na que se acordou que o Museo, que alberga máis de 800 pezas e unha importante biblioteca/arquivo,  debía contar cun equipo de profesionais destacados que aporten os seus coñecementos e centren o seu traballo na posta en valor e na xestión do propio CETMO, con autonomía da asociación. Este equipo está composto por:

– Presidente: Gumersindo Guinarte Cabada,  natural de Castrelo, profesor de Dereito da Universidade de Santiago,  con ampla experiencia en xestión e relacións institucionais tras desempeñar cargos como secretario xeral da Universidade de Santiago, Vicevaledor do Pobo e Secretario xeral da Presidencia do goberno de Emilio Pérez Touriño.

– Vicepresidente: Alfredo González Ruibal, con orixe en Soutelo de Montes, fundador do Centro Etnográfico e impulsor do proxecto que permitíu que a colección de pezas que alí se atopa sexa unha das máis completas de Galicia. Na actualidade Alfredo González, licenciado en historia, compaxina a súa labor de investigador do CSIC con misións arqueolóxicas en Europa do Leste e Africa.

– Secretaria: Concha Otero Alonso, natural de Sanguñedo, profesora de educación secundaria en Vigo e defensora activa do medio ambiente e o desenvolvemento sostible do medio rural.

– Vogais:

Dionisio Pereira, residente en Cerdedo, historiador con recoñecidas publicacións sobre os movementos sociais en Galicia; coordinador da provincia de Pontevedra no Proxecto Interuniversitario “As Vítimas, Nomes e Voces”. Experto en cultura e patrimonio marítimo; é membro do Consello Asesor do Museo do Mar de Galicia.

Luís Gil Pita, con orixe en Cerdedo, arquitecto de profesión.  Redactor de diversos inventarios de patrimonio arquitectónico e etnográfico e con experiencia en rehabilitacións  e  proxectos expositivos.

Beatriz García González, natural de Avila, Museóloga e Consultora cultural e directora da empresa “e-burbulla”.

Francisco Vieitez Cendón, natural de Soutelo de Montes, empresario do sector da cultura e a comunicación e asesor cultural.

Ademáis formará parte deste Consello de Dirección a persoa que desempeñe na Xunta Directiva da Asociación VERBO XIDO o cargo do tesoureiro/a.

Nos próximos días, este equipo reunirase para realizar unha proposta de traballo a medio prazo, mentres de xeito inmediato o presidente Gumersindo Guinarte centrarase en contactar coas institucións locais, tanto concellos, como colectivos para presentar este novo proxecto que segundo el mesmo manifesta “quere ante todo ser un proxecto integrador e aberto, no que contemos coa maior participación social posible e que contribúa a xerar unha oferta cultural ampla e de calidade en Terra de Montes“.

Mentres tanto, a Asociación VERBO XIDO agarda a resolución favorable da subvención solicitada ao abeiro do programa LEADER, a través do GDR 20, no que a Asociación desempeña a Secretaría na Comisión Permanente, para poder mellorar e actualizar o discurso museístico, tendo máis en conta a perspectiva de xénero, a utilización das NTIC´s e o traballo en rede con outros colectivos da comarca.

Como deciamos no noso boletín nº 24: “Veñen, pois, tempos apaixonantes para o CETMO.”

Ruada solidaria en Soutelo de Montes

O pasado sábado 23 de Xaneiro, Verbo Xido celebrou unha Ruada solidaria para recadar fondos cos que contribuir a sufragar a rehabilitación do Centro Etnográfico de Terra de Montes.

Tivo lugar no salón do Restaurante Avenida de Soutelo de Montes, con servizo de bar e “catering” a fin de recadar fondos (tamén se cobrou unha pequena entrada para contribuir á finalidade do evento, que dará dereito a participar nun sorteo dun lote de libros e un lote de productos ecolóxicos, ademáis de quentar o bandullo con chiculate con rosca).A todo o elenco de artistazos que animaron a festa coa súa desinteresada participación: GRAZAS GRAZAS E GRAZAS:Escola de panderetas de Tear de Llerena (Pontevedra)Escola de gaitas  Os Abrentes (Cerdedo, Pontevedra)Atalúns (Pontevedra)Chichisos (PontevedraPandereteiras de Quireza (Cerdedo, Pontevedra)Serandeiros (Boborás, Ourense)Tonhito de Poi (Aghiño, A Coruña) Os Diplomáticos do Acordeón (Soutelo de Montes, Pontevedra)Charanga Os Abrentes (Cerdedo, Pontevedra).Escola de Acordeóns de Castrelo (Soutelo)Grazas a todos de novo, e non esquezades aproveitar para pasarvos a visitar as xa reabertas instalacións do Centro Etnográfico, paga a pena.

  

Reapertura do CETMo

A Asociación Ecoloxista e Cultural de Terra de Montes VERBO XIDO ten o inmenso orgullo de estrear de novo o Centro Etnográfico de Soutelo tras unha profunda rehabilitación e un bo lavado de cara. E para poder presumir e que todos poiderades ver o estupendo novo aspecto da nosa sede tras este “lifting” outonal, quixémosvos convidar a un acto de reinauguración que organizamos para o sábado 26 de decembro.

Tratouse dun sinxelo acto que contou coa presenza do alcalde de Forcarei e o anterior director xeral de Cultura da Xunta de Galizate, aos que se lles dirixíu unhas verbas de agradecemento pola súa colaboración neste proxecto ao augardente; tras o cal se servíu un pequeno ágape servido polo colectivo A Hortiña da Ponte, todo ilo amenizado pola música dos Terribles de Castrodiz.

Obras de rehabilitación no CETMo

O 5 de agosto de 2009, a Asociación VERBO XIDO puxo a “segunda pedra” dunha das súas máis acariñadas iniciativas, a mellora integral do edificio do CETMo. O vello inmóbel, localizado no camiño do Pouso nº 2, na aldea de Soutelo (Forcarei), gorece a máis completa colección etnográfica da bisbarra. Aínda así, só o esforzo altruísta de Verbo Xido, especialmente a porfía de Lola Varela, secretaria do GDR 20, propiciou esta morna alborada nunha terra sumida nas tebras do neofeudalismo.

Obras Cetmo

UNHA NOVA XEIRA PARA O CETMO (Soutelo de Montes )

        No mes de agosto comezaron as obras que permitirán realizar no Centro Etnográfico de Terra de Montes (CETMO) as reformas necesarias para solicitar a catalogación de colección visitable, a conceder pola Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia.

      A subvención concedida por AGADER para estas melloras non é suficiente e polo tanto pedimos a colaboración de todas aquelas persoas interesadas en darlle unha nova vida ao CETMO, único Centro Etnográfico da bisbarra.

     Co remate das obras queremos crear co apoio de veciños e entidades a “Fundación Terra de Montes”, co seu correspondente Padroado para xestionar o futuro do CETMO e as súas actividades.

     Se así o decides, podes colaborar na nova andaina do CETMO facendo unha  aportación na C/C. aberta para esta finalidade : 2080 0444 92 0040106374. Grazas.