Centro Etnográfico Terra de Montes

O Cetmo botou a andar no ano 2000 por iniciativa da familia González Penas.

Constantino González e o seu fillo Alfredo rescataron o legado etnográfico local e entre os anos 1991 e 2011 chegaron a recompilar 1.042 pezas que foron inventariadas.

En 2012 conseguiron a catalogación de colección visitable. O legado inclúe apeiros de labranza, ferramentas ou utensilios de uso doméstico do século pasado. Proceden, sobre todo, da zona sur do municipio de Forcarei, pero tamén doutras áreas.

O Concello de Forcarei e a familia promotora do centro Etnográfico de Terra de Montes (Cetmo) alcanzaron en 2017 un acordo que garantirá a conservación da valiosa colección etnográfica e o seu acceso público.