Camiño do Pouso, nº 2
36560 Soutelo de Montes
Concello de Forcarei
Pontevedra
Horarios
Sábados e domingos
mañás 11:00 a 13:30
tardes 17:00 a 20:00
Resto dos días: previa cita no 986 75 61 91
ou no 696 51 30 33
13 Agosto 2009, por cetmo.
O 5 de agosto de 2009, a Asociación VERBO XIDO puxo a “segunda pedra” dunha das súas máis acariñadas iniciativas, a mellora integral do edificio do CETMo. O vello inmóbel, localizado no camiño do Pouso nº 2, na aldea de Soutelo (Forcarei), gorece a máis completa colección etnográfica da bisbarra. Aínda así, só o esforzo altruísta de Verbo Xido, especialmente a porfía de Lola Varela, secretaria do GDR 20, propiciou esta morna alborada nunha terra sumida nas tebras do neofeudalismo.

UNHA NOVA XEIRA PARA O CETMO (Soutelo de Montes )
No mes de agosto comezaron as obras que permitirán realizar no Centro Etnográfico de Terra de Montes (CETMO) as reformas necesarias para solicitar a catalogación de colección visitable, a conceder pola Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia.
A subvención concedida por AGADER para estas melloras non é suficiente e polo tanto pedimos a colaboración de todas aquelas persoas interesadas en darlle unha nova vida ao CETMO, único Centro Etnográfico da bisbarra.
Co remate das obras queremos crear co apoio de veciños e entidades a “Fundación Terra de Montes”, co seu correspondente Padroado para xestionar o futuro do CETMO e as súas actividades.
Se así o decides, podes colaborar na nova andaina do CETMO facendo unha aportación na C/C. aberta para esta finalidade : 2080 0444 92 0040106374. Grazas.
¿Algo que engadir?