Trebellos para o traballo no campo

As mesmas ferramentas servían para case tódolos labores no campo.

As PICARAñAS para cargar o estrume no carro que logo será estendido na terra polas AIXADAS unha vez que estaba removida
polo ARADO; a peza máis importante. O arado estaba feito ao principio de madeira, paro logo foron engadíndolle algunhas partes de ferro. Os animais estaban xunguidos ao arado polos TEMOEIROS. Detrás do arado, as mulleres botaban a semente no suco, feito que tamén se podía facer coas sementadeiras, carriños de madeira cun caixón onde estaba a semente. O suco abríase coas aixadas e, unha vez feitos, pasábanselle por enriba as GRADES, para arranxar a terra. No mes de setembro faise a seitura coas FOUCIñAS, en forma de media lúa e cun pao pequeno de madeira. Aínda que os FOUCIñOS teñen a mesma forma, reciben diferentes nomes, como PODAS, GALLAS OU FOUCES, segundo o seu emprego.

A sementeira do millo comezaba en abril e recollíase no mes de setembro, mes no que se celebraba tamén a ESFOLLA: tirar as follas protectoras e debullar o gran, o que daba lugar a unha festa colectiva. Logo gardábase o gran nas ARCAS, caixóns de madeira de castiñeiro ou de carballo.

O millo medíase por ferrados ou por fanegas se a cantidade era máis grande. Servía para facer a fariña do pan, alimentar as galiñas e outros animais.

O CENTEO era cultivado nas estivadas, terreos gañados ao monte, xeralmente nas ladeiras.Cortada a palla, facíanse feixes que se arrimaban logo en medeiros, para facer as medas. Na EIRA DE TODOS facíase logo a MALLA. Era un traballo colectivo de toda a xente da aldea. Primeiro os homes golpeaban o centeo de vagar cos MALLOS, para separar o gran da palla. O gran quedaba recolleito polos ANGAZOS, traballo que facían as mulleres.

Tamén había prados adicados a herba, para alimentar o gando no inverno. Os homes gadañan a herba coa gadaña no mes de xullo. Levan con eles un corno con auga e a pedra de afiar para cravuñar a gadaña.

As mulleres e os nenos espallan a herba con GALLAS E FORCADAS para que seque e logo fan moreas de feo, que son recollidas polo carro e amontoadas no celeiro.