Ficha didáctica: traballo no campo

  1. ¿Quen traballaba nas terras?
  2. ¿Pensas que o feito da emigración significou unha relación diferente da muller galega co seu medio? ¿Por que?
  3. ¿Cales eran os cereais máis empregados? ¿Para que se utilizaban?
  4. Debuxa unha grade. ¿Cal era a súa utilidade?
  5. ¿Con que trebello cortarías o centeo? ¿E os toxos? ¿Cres que se necesita moita forza?
  6. ¿Que nome recibe o feito de arranxar a gadaña para o traballo? ¿Que se cortaba coas gadañas?
  7. ¿Poderías debuxar un arado e pór o nome ás partes máis sinaladas?
  8. Di o significado dos seguintes verbos:
    debullar
    esfollar
    sementar
    cravuñar
  9. Fai unha redacción onde imaxines a festa da malla ou a festa da esfolla.