Camiño do Pouso, nº 2
36560 Soutelo de Montes
Concello de Forcarei
Pontevedra
Horarios
Sábados e domingos
mañás 11:00 a 13:30
tardes 17:00 a 20:00
Resto dos días: previa cita no 986 75 61 91
ou no 696 51 30 33
Os zoqueiros facían o calzado, aínda que os mesmos campesiños eran zoqueiros e sabían traballar cos trebellos da carpintería. As ferramentas eran moi sinxelas: o machado para desbastar a madeira, a aixola para darlle forma de pé.
Cos trades facíanse os buratos e coas gubias e llergas labrábase o interior das pezas.
O zoco é o calzado de coiro co piso de madeira. A zoca é toda ela enteira de madeira, dunha soa peza, e ten o tacón axeitado para evitar que a auga ou a lama chegue ao pé.