Camiño do Pouso, nº 2
36560 Soutelo de Montes
Concello de Forcarei
Pontevedra
Horarios
Sábados e domingos
mañás 11:00 a 13:30
tardes 17:00 a 20:00
Resto dos días: previa cita no 986 75 61 91
ou no 696 51 30 33
Os serranchíns traballan coa madeira coma os carpinteiros, pero o seu traballo consiste en preparar a madeira das árbores para que poidan traballar con ela os carpinteiros.
Os serranchíns eran xeralmente dous, aínda que moitas veces contaban coa axuda dun rapaz. Era un traballo duro que adoitaban facer “a mantido”. Moitas veces eran de nacionalidade portuguesa.
Nun principio marcaban o sitio do corte,“a talla”, coa machada, e logo metían o tronzador.
Transportados os troncos para a casa, comezaba o traballo propio dos serranchíns. Os troncos máis grandes cortábanse coa serra portuguesa.
Escascaban o tronco coas machadas e logo dábanlle forma de prisma de catro caras para facer as táboas coas que, unha vez secas, traballarán os carpinteiros.