Os carpinteiros

O oficio de carpinteiro é un dos máis estendidos por toda as aldeas. Habíaos especializados coma os fragueiros que construían os carros do país, os ebanistas, artesáns das obras máis finas ou os cubeiros, especialistas das ribeiras productoras do viño.

O carpinteiro de taller cubría xeralmente toda as especialidades nunha mesma poboación e traballaba coas ferramentas propias do oficio. Entre elas, unha peza fundamental era o banco de carpinteiro.

As pezas xa viñan cortadas ó taller, pero se podían acurtar coas serras de diferentes usos coma o serrón ou o serrón de punta.

A garlopa servía para endereitar a táboa e o garlopín para arranxar as beiras.

O cepillo,o rebaixador, acanalador servían para facer os adornos.

Os buratos necesarios na madeira facíanse coa trencha coa gubia ou co berbequí.

Outras pezas como o sarxento o martelo, as tenaces serven para armar as pezas, cravándoas ou encolándoas.

O carpinteiro podía facer os leitos, os berces, as mesas, as artesas, os paos para os trebellos do campo, escanos, os xugos etc.

Os especialistas que colocaban as armaduras dos teitos das casas chamábanse carpinteiros de armar, aínda que moitas veces era o propio dono ou o carpinteiro de taller quen facía todos os traballos.