Ficha didáctica: o liño

NIVEL DE PRIMARIA:

  1. A lá ven das ovellas e o liño ven de…
  2. ¿Pensas que o traballo do liño é doado?
  3. ¿Cánta xente se necesitaba para facer tódalas tarefas necesarias?¿Traballaba todo o pobo?
  4. ¿Quén traballaba máis, os homes ou as mulleres?
  5. ¿Atopas algunha peza que semelle un peite? Se podes, debúxaa.
  6. Busca unha espadela e di para que servía.
  7. ¿Sabes con que se facía o aceite de liñaza?
  8. Poderías buscar un refrán que fale do traballo do liño. Pregúntalle a túa avoa.

NIVEL DE SECUNDARIA:

  1. O traballo do liño é longo e complexo. Explica o que son os seguintes termos:
    Empozar:
    Mazar:
    Espadelar:
    Asedar:
    ¿Qué instrumentos se usan para cada un deles?
  2. ¿Saberías debuxar unha espadela? ¿E un ripo?
  3. ¿Por que cres que o algodón acabou coa industria do liño?
  4. ¿Pensas que estas labores eran importantes para o sentir comunitario do pobo?
  5. ¿Existe ese sentimento agora?
  6. ¿Cres que é importante conservar os refráns? ¿Que nos poden ensinar?

PARA TODOS OS NIVEIS

Pon nome a:

O liño