Camiño do Pouso, nº 2
36560 Soutelo de Montes
Concello de Forcarei
Pontevedra
Horarios
Sábados e domingos
mañás 11:00 a 13:30
tardes 17:00 a 20:00
Resto dos días: previa cita no 986 75 61 91
ou no 696 51 30 33
8 Febreiro 2010, por cetmo.

Cerdedo, domingo de entroido, 14 de febreiro de 2010
Por décimo ano consecutivo celebramos a Festa da Vincha en Cerdedo, rendendo una homenaxe á tradición gastronómica máis popular do Entroido nestas terras do interior de Galicia.
A festa da vincha é un proxecto da Asociación de Mulleres “Espadela” que edición tras edición converteuse na actualidade nun dos eventos sociais e culturais máis salientábeis do municipio, e por mérito propio a festa gastronómica máis antiga, enxebre e tradicional do Concello.
As mulleres de Espadela desexamos manter viva a elaboración tradicional deste dóce propio do Entroido, disfrutando da xuntanza entre os veciños e veciñas dos arredores e os numerosos visitantes.
A nosa oferta coma sempre é variada: música, oficios tradicionais, concurso de vinchas, conta contos e, por suposto, un bo xantar con productos da época. De xeito especial agradecemos a colaboración de todas as socias, veciños e veciñas, así coma dos concellos de Cerdedo e Pontevedra e demais entidades que fan posible a festa da Vincha
Asociación de mulleres Espadela
Programa
12.30 h.- Lectura do pregón a cargo de Mariluz Montes Quireza
A partir das 13.00 h.-
Concurso de vinchas e de doces de antroido
Obradoiro de chocolate para nenas e nenos (3,50€, de 13.00 a 13:45h)
Xantar: Polbo, churrasco e lacón con grelos a prezos populares
19.00 h.- Teatro: “Se o sei non volvo á casa” (Asociación Vintureira de Parada, Campo Lameiro)
Durante todo o día.-
Música: Os Chichisos e Os Abrentes de Cerdedo
Exposición fotográfica “Dez anos de Espadela”.
Obradoiros de oficios artesanais
Venda de produtos artesáns e ecolóxicos
Proxección da curtrametraxe Mamásunción de Chano Piñeiro
¿Algo que engadir?