Camiño do Pouso, nº 2
36560 Soutelo de Montes
Concello de Forcarei
Pontevedra
Horarios
Sábados e domingos
mañás 11:00 a 13:30
tardes 17:00 a 20:00
Resto dos días: previa cita no 986 75 61 91
ou no 696 51 30 33
10 Xaneiro 2010, por cetmo.

O pasado sábado 23 de Xaneiro, Verbo Xido celebrou unha Ruada solidaria para recadar fondos cos que contribuir a sufragar a rehabilitación do Centro Etnográfico de Terra de Montes.
Tivo lugar no salón do Restaurante Avenida de Soutelo de Montes, con servizo de bar e “catering” a fin de recadar fondos (tamén se cobrou unha pequena entrada para contribuir á finalidade do evento, que dará dereito a participar nun sorteo dun lote de libros e un lote de productos ecolóxicos, ademáis de quentar o bandullo con chiculate con rosca).
A todo o elenco de artistazos que animaron a festa coa súa desinteresada participación: GRAZAS GRAZAS E GRAZAS:
Escola de panderetas de Tear de Llerena (Pontevedra)
Escola de gaitas Os Abrentes (Cerdedo, Pontevedra)
Atalúns (Pontevedra)
Chichisos (Pontevedra
Pandereteiras de Quireza (Cerdedo, Pontevedra)
Serandeiros (Boborás, Ourense)
Tonhito de Poi (Aghiño, A Coruña)
Os Diplomáticos do Acordeón (Soutelo de Montes, Pontevedra)
Charanga Os Abrentes (Cerdedo, Pontevedra).
Escola de Acordeóns de Castrelo (Soutelo)
Grazas a todos de novo, e non esquezades aproveitar para pasarvos a visitar as xa reabertas instalacións do Centro Etnográfico, paga a pena.

Novas | | Non hay comentarios
¿Algo que engadir?