Camiño do Pouso, nº 2
36560 Soutelo de Montes
Concello de Forcarei
Pontevedra
Horarios
Sábados e domingos
mañás 11:00 a 13:30
tardes 17:00 a 20:00
Resto dos días: previa cita no 986 75 61 91
ou no 696 51 30 33
7 Decembro 2005, por cetmo.
Actividades Reivindicativas:
- Realización de actos de protesta e campaña de información aos veciños, institucións e Valedor do Pobo sobre o impacto do trazado do AVE en Cerdedo. Presentación de alegacións denunciando os efectos medioambientais e socioeconómicos no territorio municipal.
- Denuncia da destrución de Patrimonio e feísmo arquitectónico en Soutelo.
- Percorrido do Roteiro Sarmiento no mes de abril para denunciar o mal estado de conservación do seu trazado.
- Campaña de prensa en oposición á instalación de ENCE en Cerdedo tras as manifestacións do alcalde, favorábeis á súa instalación.
- Petición ante o Concello de Forcarei para que mercase a casa modernista da familia González Barros en Soutelo para a súa posterior conversión en centro sociocultural.
- Ofrenda floral na Ponte do Barco (Pedre) aos asasinados pola represión fascista en Cerdedo en agosto de 1936 (9 de abril).
- Participación na manifestación contra ENCE que todos os anos convoca a APDR en Pontevedra.
- Petición ao Concello de Cerdedo do cambio de nome á rúa Manuel Gutiérrez Torres, ex alcalde e recoñecido fascista local durante a represión franquista posterior ao golpe de estado de 1936.
- Fomento da recuperación a nivel local da Memoria da Guerra Civil con motivo da inminente celebración do Ano da Memoria en toda Galiza (2006).
Actividades Culturais:
- Colaboración coa Asociación de Mulleres Espadela na organización da Festa de Vincha (incluso coa instalación dun stand de venda de libros).
- Edición dun tríptico informativo sobre o Roteiro Sarmiento.
- Publicación do libro “Xosé Otero Espasandín. Vida e pensamento dun cerdedense desterrado” escrito por Dionisio Pereira (Día das Letras Galegas).
- Presentación das conclusións do Congreso da Memoria da Represión Franquista (Narón, 2003).
- Ciclo de coloquios sobre “A represión franquista na Galiza” celebrados en Cuntis, A Estrada, Silleda, Lalín e Cerdedo coa participación de historiadores locais.
- Exposición “La República” e conferencia “La represión franquista en la provincia de Segovia” por Santiago Vega (17 de xullo).
- Celebración en Beariz da III Edición das xornadas Terra de Tod@s sobre “O patrimonio natural: crónica da desfeita” (6 de agosto).
- Apoio á candidatura do Patrimonio Inmaterial Luso-Galaico para a súa declaración como Patrimonio da Humanidade por parte da Unesco.
- Publicación do libro “Almanaque de Encantos” de Carlos Solla.
- Organización dun Roteiro Micolóxico polo Monte Seixo no outono.
- Organización do Roteiro Sarmiento con diversos grupos de estudantes.
CETMo:
- Visitas de grupos escolares ao CETMO.
- Valoración, por parte da Asemblea de Verbo Xido, da posible cesión da casa da familia Salgado en Cerdedo (Casa do sacristán), como co-sede da asociación xunto co CETMo.
- Incremento na tirada e paxinación do boletín Verbo Xido.
- Reivindicación e celebración dos cinco anos de existencia do CETMO sen axudas oficiais.
- Firma dun convenio coa Consellería de Presidencia do Goberno Galego para a cesión de parte dos fondos do CETMO para a súa exposición na Casa de Galicia en Madrid.
Novas | | Non hay comentarios
¿Algo que engadir?