Memoria de actividades VERBO XIDO 2004

7 Decembro 2005, por cetmo.

Actividades Reivindicativas:

  • Apoio á convocatoria da “Plataforma contra da guerra do Irak” de Pontevedra.
  • Felicitación ó presidente do Goberno pola retirada das tropas españolas de Iraq.
  • Solicitude aos alcaldes de Terra de Montes para que se opoñan o trazado do tren de alta velocidade pola bisbarra.
  • Informe sobre o impacto no patrimonio arquitectónico e medioambiental do paso do tren de alta velocidade por Cerdedo, enviado ao Ministerio de Fomento.
  • Valoración pública positiva respecto da inclusión de diversos espacios naturais da bisbarra na Rede Natura 2000 e preocupación polo impacto que neles pode provocar o TAV.
  • Publicación dun tríptico co gallo do Día das Letras Galegas, que reflicte a degradación da arquitectura tradicional e o patrimonio etnográfico na zona.
  • Carta publicada nos xornais recordando que o Concello de Forcarei non colabora económicamente co Centro Etnográfico da Terra de Montes (CETMO) e nin sequera o inclúe nos seus folletos de propaganda.
  • Apoio á Asociación Cultural “Ponte nas Ondas”, para que a tradición oral lusogalaica sexa declarada pola UNESCO patrimonio da humanidade.
  • Denuncia pública do estado de abandono do Pazo das Raposeiras (Meilide)

Actividades Culturais:

    • Presentación en Cerdedo do libro ‘Cerdedo in the voyager I’, de Carlos Solla, coa participación de Heitor Mera e as actuacións musicais de “Rabisaco” e “The Viñalar Fantastic Band”.
    • Presentación en Soutelo de Montes da edición do ensaio ‘Etnoarqueoloxía da emigración’, de Alfredo González.
    • Presentación en Cerdedo do libro ‘Xosé Otero Espasandín: vida e pensamento dun cerdedense desterrado’, de Dionisio Pereira e homenaxe ás víctimas do franquismo en Cerdedo, coa intervención do académico Francisco Fernández Rei e Manuel Monteagudo.
    • Celebracion da segunda edición de ‘Terra de Todos’ en Soutelo de Montes, na que se inclúe a presentación do libro ‘Tal era vivir’, de Xosé Vázquez Pintor e homenaxe aos vellos canteiros; mostra dunha película de interese etnográfica realizada a comezos dos anos 80 sobre a “Festa do Can“ de Castro; e un guateque estilo anos 70.
    • Mostra de cerámica e oficios tradicionais, co gallo das festas de Soutelo de Montes e do 4º aniversario do CETMO..
    • Edición dunha guía didáctica do CETMO.
    • Confección da páxina web do CETMO.
    • Posta en marcha dunha biblioteca e centro de documentación especializados na Terra de Montes no CETMO.
    • Edición dos nºs 7, 8 e 9 do Boletín de “Verbo Xido”
    • Presentación en Soutelo de Montes do libro ‘A sombra das acacias’, de Manuel Blanco Rivas e mesa redonda encol dos “Escritores e escritoras de Tabeirós-Terra de Montes”, coa participación de Carlos Loureiro, Carme Hermida, Carlos Solla e Xabier Camba.
    • Celebración la terceira edición do Roteiro Sarmiento.

CETMO

    • Alumnos do Colexio Junior’s de Santiago

      Alumnos de Terceiro da ESO do Instituto de Ensino Secundario de Pazos de Borbén

    • Alumnos de Primaria do Colexio O Foxo, de A Estrada
    • Alumnos da Escola de Idiomas de Pontevedra
    • Grupo de persoas da Terceira Idade de Codeseda (A Estrada)
    • Grupo de persoas da Terceira Idade de Arteixo (Coruña)
    • Grupo de veciños de Porto do Son (Coruña)

Novas | | Non hay comentarios

¿Algo que engadir?