Camiño do Pouso, nº 2
36560 Soutelo de Montes
Concello de Forcarei
Pontevedra
Horarios
Sábados e domingos
mañás 11:00 a 13:30
tardes 17:00 a 20:00
Resto dos días: previa cita no 986 75 61 91
ou no 696 51 30 33
7 Setembro 2007, por cetmo.
Actividades Reivindicativas:
- Petición da retirada de símbolos franquistas na bisbarra, co gallo do 75 cabodano da instauración da II República.
- Homenaxe en Silleda ás vítimas da represión franquista e petición da retirada de símbolos franquistas.
- Solicitude ante o Concello de Cerdedo da construción dun monumento a TODAS as vítimas locais da Guerra Civil.
- Homenaxe ás vítimas do franquismo na Estrada.
- Campaña de recadación de fondos para a construción dun monumento ás vítimas da represión fascista en Cerdedo (Ponte do Barco).
- En setembro arrancan o monolito da Ponte do Barco inaugurado en agosto. Prodúcense múltiples declaracións de repulsa polo acto vandálico desde institucións, asociacións e particulares de todo o país.
- Reposición da placa no monolito de Pedre (4 de novembro).
- O Concello de Cerdedo (cos votos a favor do grupo municipal do PP e a abstención do grupo “socialista”), revoca un anterior acordo plenario para retirar o nome dun alcalde falanxista a unha rúa da capital municipal.
- Inicio en Cerdedo da terrorífica vaga de lumes que arrasou o país enteiro (agosto).
Actividades Culturais:
- Organización do Roteiro da Montaña Máxica no Monte Seixo, coa explicación de todas as lendas e mitos do mesmo a cargo de Carlos Solla.
- Celebración dunha Foliada Tributo ao Gaiteiro de Soutelo coa participación dos grupos Chichisos de Tomeza, Abrentes de Cerdedo, Trazantes de Tenorio e Os Diplomáticos do Acordeón de Soutelo de Montes (27 de xaneiro).
- Creación da Comisión Sinhor Afranio para a recuperación da Memoria Histórica no ámbito das bisbarras de Terra de Montes e Deza-Tabeirós.
- Colaboración coa Asociación de Mulleres Espadela na organización da Festa de Vincha (incluso coa instalación dun stand de venda de libros).
- 2ª Presentación de “Almanaque de Encantos (Mitoloxía da Terra de Cerdedo)”, escrito por Carlos Solla (Día das Letras Galegas).
- Mesa redonda sobre “A represión franquista en Galicia: Cerdedo e Terra de Montes” .
- IV Edición das Xornadas Terra de Tod@s sobre “A recuperación da Memoria Histórica na Terra de Montes”, coa presentación do libro “A II República e a Represión en Cerdedo” escrito por Dionisio Pereira e a inauguración dun monolito na Ponte do Barco en homenaxe a Francisco Arca e Secundino Bugallo (líderes locais da CNT asasinados o 13 de agosto de 1936). Envío das conclusións das Xornadas ao Consello da Memoria (12 de xuño).
- Visita guiada ao cárcere político da illa de San Simón (16 de setembro).
- Organización dun roteiro polo monte Seixo (outono).
- Organización do IV Roteiro Sarmiento, coa colocación dunha placa conmemorativa no Pazo das Raposeiras, casa familiar de Frei Martiño Sarmiento.
- Participación e difusión a nivel comarcal das actividades do Barco da Memoria.
CETMo:
- Visita de diversos grupos de escolares de Forcarei ao CETMO.
- Visita de xubilados da Coruña ao CETMO.
Novas | | Non hay comentarios
¿Algo que engadir?