Camiño do Pouso, nº 2
36560 Soutelo de Montes
Concello de Forcarei
Pontevedra
Horarios
Sábados e domingos
mañás 11:00 a 13:30
tardes 17:00 a 20:00
Resto dos días: previa cita no 986 75 61 91
ou no 696 51 30 33
14 Agosto 2009, por cetmo.
Longa noite de Pedre
amanheceu raso na Ponte do Barco,
no antigo quilómetro 74 da estrada de Ourense.
amanheceu, e un bando-paxaro de luz
encandeou a longa noite de Pedre.
bailou o sol coma nun sanxoán adoecido
e no efémero intre do feitizo,
unha arca ateigada de bugalhos baleirara na valinha
a súa carga atómica.
a vaga expansiva abuxardou os muros das igrexas,
os xugos tornáronse torques de ouro tribo
e as frechas, ferróns hipodérmicos cos que chuzar
nas nádegas pensantes.
.
amanheceu surado na Ponte do Barco,
no antigo quilómetro 74 da estrada de Ourense.
amanheceu, e o ceo derrafado en po de auga
axinha deveu en mesto dioivo.
foi tamanha a chea que o maino río da memoria
asobordou os peitorís do esquecemento;
tamanha a enxurrada, que a frouma xunta,
monte a monte,
atinxiu a rebolos o esteiro, a badía e mar aberto.
xa fica expedita a ribeira,
xa fican mondas as veigas…
agrome, daquela, vizosa a semente
na revolta do antigo quilómetro 74;
douren louzás as centeeiras,
moian lixeiros os muínhos, cozan fartas as tafonas,
que a enfornada de hoxe
ha saciar tanta fame coma inxustiza coubo nas tripas.
. (Incluído en Pan prós crocodilos, 2009)
O señor Roxerio Arca, memoria viva da represión, flanqueado por dous amigos, durante o acto de homenaxe aos mártires cerdedenses (Pedre, 13 de agosto de 2009)
A continuación, mostramos un par de enlaces para ilustrarvos con historias da da Guerra Civil en Terra de Montes. Agardamos que sexan do voso interese:
http://oembigodobecho.blogspot.com/2009/08/uhp-conto-calado.html
Novas | | 1 comentario
29 Agosto, 2009 ás 20:38
Esa noite a miña avoa, Carmen Monteagudo Troitiño, foi ao destacamento, porque a señora de Bugallo dera a luz cara a moi pouco. Levoulles sabanas para que puidesen durmir e preparoulles as camas, pero Secundino díxolle:
non che fagas tanto problema, Carmen, que desta noite non pasamos.
E ao dia seguinte atoparon os corpos en Pedre.