3º roteiro Padre Sarmiento

30 Novembro 2004, por admin.

A Asociación Ecoloxista e Cultural “Verbo Xido”, organiza o día 12 de Decembro o 3º Roteiro “Padre Sarmiento”, na lembranza do traxecto percorrido polo ilustre frade no ano 1745, na súa viaxe de regreso a Madrid. Ten dúas partes:

1ª Rota dos poboados: Cerdedo (igrexa parroquial), ponte de San Antonio, ermida de San Antonio, A Revolta, Cavenca (casa-pazo de Cavenca, capela de San Salvador), Meilide (pazo das Raposeiras, capela do Loreto). Distancia 2km.

2ª Rota montesía: Porterra (Meilide), Outeiro do Castro (Monte do Seixo), Outeiro do Coto (Monte do Seixo). 5 Km.

Sairemos ás 10 da mañá da igrexa parroquial de Cerdedo. Compre levar comida, posto que faremos o xantar no Outeiro do Castro, bo calzado e roupa impermeable e de abrigo. contaremos cun guía de excepción e faremos paradas explicativas nos diversos lugares. As paisaxes, fermosísimas e se hai bo día, vermos o mar dende o Seixo e escoitaremos as voces dos emigrados en América.

Animádevos! Vinde connosco!

Novas | |

¿Algo que engadir?