Camiño do Pouso, nº 2
36560 Soutelo de Montes
Concello de Forcarei
Pontevedra
Horarios
Sábados e domingos
mañás 11:00 a 13:30
tardes 17:00 a 20:00
Resto dos días: previa cita no 986 75 61 91
ou no 696 51 30 33
A Asociación ‘Verbo Xido’ nace no mes de maio de 2001 coa finalidade de promover actividades de tipo cultural, etnográfico e medioambiental nos concellos de Cerdedo, Forcarei, Beariz e resto dos territorios que compoñen históricamente a bisbarra de Terra de Montes.
Entre os seus obxectivos é de salientar a promoción, potenciación e desenvolvemento do Centro Etnográfico de Terra de Montes (CETMO), domicilio social da Asociación.
Ata o momento, a Asociación ten editado as seguintes publicacións:
- Carlos Solla, Cerdedo. Materiais para o estudo da freguesía de San Xoán de Cerdedo. Inventario xeral, en colaboración con Ediciones Cardeñoso, 2002.
- Carlos Solla, Cerdedo na obra do Padre Sarmiento, 2002.
- Carlos Solla, Ras e Tritongos. Poesía 1990-2000, en colaboración con Ediciones Cardeñoso, 2003.
- Carlos Solla, Cerdedo in The Voyager I, en colaboración con Ediciones Cardeñoso, 2004.
- Dionísio Pereira, Xosé Otero Espasandín. Vida e pensamento dun cerdedense desterrado, 2005.
- Alfredo González Ruibal, Centro Etnográfico Terra de Montes. Guía Didáctica, 2005.
- Carlos Solla, Almanaque de encantos. Mitoloxía da Terra de Cerdedo, en colaboración con Ediciones Cardeñoso, 2005 (esgotado).
- Dionísio Pereira, A IIª República e a represión en Cerdedo, 2006 (esgotado).
- Carlos Solla, Monte do Seixo. Reivindicación da Montaña Máxica, en colaboración con Ediciones Cardeñoso, 2007 (esgotado).
- Rogelio Arca e Dionísio Pereira, Canteiros da Terra de Montes no Exército Popular da República. Álbum de Guerra, en colaboración coa Editorial Difusora de Letras, Artes e Ideas, 2008 (novidade).
- Roberto Vázquez, Memorias dun tempo perdido, 2008 (novidade).

Verbo Xido ten concedida unha subvención de AGADER polas obras realizadas no CETMo. Como queira que a devandita axuda non cubre a totalidade do orzamento das obras, abriuse unha conta corrente para recibir donativos para tal fin.
O número de conta de Caixanova é: 2080 0444 92 0040106374.