Exito de público e agrupacións musicais na II Ruada de Terra de Montes

2 Marzo 2011, por cetmo.

A Asociación Verbo Xido celebra estes días o éxito por partida dobre. O sábado 26 de febreiro foi un éxito de asistencia de público (unhas 250 persoas) e de participación de grupos musicais de Terra de Montes e da contorna (máis de 12) que prolongou a Ruada benéfica a prol do CETMo (Centro Etnográfico de Terra de Montes), celebrada no Salón Avenida de Soutelo ata as 5 h. da madrugada, contribuíndo deste xeito a difundir e impulsar a música galega. Ademais, ese mesmo día confirmábase a concesión por parte do Concello de Forcarei dunha axuda para o funcionamento do CETMo de 1000 €, con cargo ao orzamento de 2010, que xa foran debidamente xustificados pola nosa asociación, e outra axuda pola mesma cantidade para o presente ano 2011. No nome de todos os membros da Asociación Verbo Xido.

 Queremos agradecer públicamente a xenerosa colaboración das agrupacións musicais que nos acompañaron na Ruada, ás persoas que acodaron a colaborar económicamente e á Corporación Municipal de Forcarei por esta nova contribución para un mellor futuro do CETMo.

Novas 0 comentarios