Asemblea xeral ordinaria de Verbo Xido

27 Febreiro 2010, por cetmo.

13 de Marzo

11:00 horas en primeira convocatoria e 12:00 horas en segunda.

Casa da Cultura de Cerdedo  (local da antiga Cámara Agraria).

ORDE DO DIA:

Primeiro.- Presentación e aprobación da acta da sesión anterior.

Segundo.- Presentación e aprobación das contas  correspondentes ó ano 2009.

Terceiro.- Aprobación ou censura da xestión da Asociación durante o ano 2009

Cuarto.- Situación das obras do  CETMO financiación das mesmas. Proxectos para a súa explotación, coa posibilidade de firmar convenios coas administracións públicas.

 Quinto.-   Actividades e orzamento para o ano 2.010. Autorización para a solicitude de subvencións.

Sexto.- Integración da asociación en outras entidades ou agrupacións de entidades sen ánimo de lucro. 

Séptimo.- Pregos e inquéritos

Aqueles socios que non poideran asistir persoalmente poden delegar a representación para esta Asemblea Xeral, sen que unha mesma persoa poida representar a mais de un asociado.

Animamos a todos os amigos a acudir neste momento de gran trascendencia dado o recente remate das obras de rehabilitación do Cetmo e a necesidade de darlle unha maior proxección e utilidade social a un activo tan importante como contamos na asociación.

Precisamos de todas as vosas ideas para facer do Cetmo un museo vivo e potenciar a súa función divulgadora.

Vémonos o día 13 en Cerdedo.

Novas 0 comentarios

X Festa da Vincha (Cerdedo, 14 de febreiro)

8 Febreiro 2010, por cetmo.


Cerdedo, domingo de entroido, 14 de febreiro de 2010

Por décimo ano consecutivo celebramos a Festa da Vincha en Cerdedo, rendendo una homenaxe á tradición gastronómica máis popular do Entroido nestas terras do interior de Galicia.

A festa da vincha é un proxecto da Asociación de Mulleres “Espadela” que edición tras edición  converteuse na actualidade nun dos eventos sociais e culturais máis salientábeis do municipio, e por mérito propio a festa gastronómica máis antiga, enxebre e tradicional do Concello.

As mulleres de Espadela desexamos manter viva a elaboración tradicional deste dóce propio do  Entroido, disfrutando da xuntanza entre os veciños e veciñas dos arredores e os numerosos visitantes.

A nosa oferta coma sempre é variada: música, oficios tradicionais, concurso de vinchas, conta contos e, por suposto, un bo xantar con productos da época. De xeito especial agradecemos a colaboración de todas as socias, veciños e veciñas, así coma dos concellos de Cerdedo e Pontevedra e demais entidades que fan posible a festa da Vincha

Asociación de mulleres Espadela

Programa

12.30 h.- Lectura do pregón a cargo de Mariluz Montes Quireza

 A partir das 13.00 h.-

 Concurso de vinchas e de doces de antroido

 Obradoiro de chocolate para nenas e nenos (3,50€, de 13.00 a 13:45h)

 Xantar: Polbo, churrasco e lacón con grelos a prezos populares

 19.00 h.- Teatro: “Se o sei non volvo á casa” (Asociación Vintureira de Parada, Campo Lameiro)

 Durante todo o día.-

Música: Os Chichisos e Os Abrentes de Cerdedo

Exposición fotográfica “Dez anos de Espadela”.

Obradoiros de oficios artesanais

Venda de produtos artesáns e ecolóxicos

Proxección da curtrametraxe Mamásunción  de Chano Piñeiro

Novas 0 comentarios