Ruada solidaria en Soutelo de Montes

10 Xaneiro 2010, por cetmo.

O pasado sábado 23 de Xaneiro, Verbo Xido celebrou unha Ruada solidaria para recadar fondos cos que contribuir a sufragar a rehabilitación do Centro Etnográfico de Terra de Montes.

Tivo lugar no salón do Restaurante Avenida de Soutelo de Montes, con servizo de bar e “catering” a fin de recadar fondos (tamén se cobrou unha pequena entrada para contribuir á finalidade do evento, que dará dereito a participar nun sorteo dun lote de libros e un lote de productos ecolóxicos, ademáis de quentar o bandullo con chiculate con rosca).
A todo o elenco de artistazos que animaron a festa coa súa desinteresada participación: GRAZAS GRAZAS E GRAZAS:
Escola de panderetas de Tear de Llerena (Pontevedra)
Escola de gaitas  Os Abrentes (Cerdedo, Pontevedra)
Atalúns (Pontevedra)
Chichisos (Pontevedra
Pandereteiras de Quireza (Cerdedo, Pontevedra)
Serandeiros (Boborás, Ourense)
Tonhito de Poi (Aghiño, A Coruña)
 Os Diplomáticos do Acordeón (Soutelo de Montes, Pontevedra)
Charanga Os Abrentes (Cerdedo, Pontevedra).
Escola de Acordeóns de Castrelo (Soutelo)
Grazas a todos de novo, e non esquezades aproveitar para pasarvos a visitar as xa reabertas instalacións do Centro Etnográfico, paga a pena.

 

Novas 0 comentarios

O Cetmo na guía turística da Estrada

9 Xaneiro 2010, por cetmo.

O Concello da Estrada ven de editar unha fermosísima e moi completa guía turística (en trilingüe, acorde cos “novos tempos” que estamos a vivir) na que adican unha páxina ao Cetmo.

 

Recomendamos a quen lle guste viaxar que se faga cun exemplar. Paga a pena!!

Novas 0 comentarios