Camiño do Pouso, nº 2
36560 Soutelo de Montes
Concello de Forcarei
Pontevedra
Horarios
Sábados e domingos
mañás 11:00 a 13:30
tardes 17:00 a 20:00
Resto dos días: previa cita no 986 75 61 91
ou no 696 51 30 33
1 Novembro 2009, por cetmo.
Asemblea Xeral Extraordinaria
Data: 22 de novembro de 2009
1ª Convocatoria ás 10,30 h. e 2ª Convocatoria ás 11,30 h.
Lugar. Antiga Cámara Agraria de CERDEDO
Asunto: Estado das obras do CETMO, variación do orzamento e necesidades de financiación.
Como sabedes, no mes de agosto comezaron as obras de rehabilitación e mellora do CETMO, que se atopaba nunha situación de franco deterioro tal e como se puido comprobar ao inicio dos traballos. Unha vez conseguida unha subvención de 17.000 € concedida por AGADER, emprendimos as obras orzamentadas en algo máis de 30.000 €, que agora, por necesidades e melloras que foron xurdindo polos imprevistos lóxicos dunha restauración, necesitamos ampliar.
O CETMO está quedando moi ben, totalmente remozado e revalorizado, como podedes comprobar na asemblea coas fotos que imos amosar, así como coa visita posterior que podemos facer coas persoas interesadas.
En consecuencia, vos animamos a asistir e a colaborar neste pulo final que precisa o CETMO. Poden asistir con voz pero sen voto todas aquelas persoas interesadas en colaborar coa mellora do CETMO.
Facemos un chamento para que acuda o máximo posible de xente xa que a situación o require neste intre en que entre todos e todas podemos darlle unha proxección de futuro ao único centro etnográfico que existe na nosa bisbarra de Terra de Montes.
Lembramos o nº de conta onde podedes facer aportacións para este fin 2080 0444 92 0040106374