Memoria de actividades VERBO XIDO 2007

7 Decembro 2007, por cetmo.

Actividades Reivindicativas:

  • Mobilización (xunto con ducias de colectivos e institucións do país), en apoio ao historiador Dionisio Pereira ante dúas demandas xudiciais polas súas publicacións sobre a represión fascista en Cerdedo durante a represión posterior ao golpe de Estado de Franco.
  • Reivindicación de melloras no mantemento dos roteiros do río Lérez por parte do Concello.
  • O monolito erixido na Ponte do Barco (Pedre) en homenaxe aos asasinados polos falanxistas en Cerdedo volve ser atacado (20 de xullo).
  • Reposición da placa arrancada no monolito da Ponte do Barco erixido en homenaxe aos asasinados polos falanxistas en Cerdedo.
  • Presentación de alegacións ao trazado do TAV ao seu paso por Cerdedo.
  • Campaña de movilización activa, xunto con outros colectivos, contra o paso do Tren de Alta Velocidade por Cerdedo.

Actividades Culturais:

  • Xornada de Repoboación forestal de 2,5 has. con especies frondosas no monte de Pedre, en colaboración coa APDR, tras a terrible vaga de lumes forestais do verán do2006 (2,5 hectáreas).
  • Colaboración activa na creación do Roteiro Sinhor Afranio, seguindo o percorrido de Alonso Ríos na súa fuxida ao longo do país durante a Guerra Civil ocasionada polo golpe de Estado de Franco.
  • Entrega do IV Premio Roberto Vidal Bolaño a Verbo Xido e a Dionisio Pereira por parte de Redes Escarlata en recoñecemento á súa labor en defensa dos Dereitos e Liberdades (23 de abril).
  • Celebración en Cerdedo da V Edición das Xornadas de Terra de Tod@s sobre “ Ave de mal agoiro. O tren de alta velocidade en Terra de Montes”, coa participación de representantes sindicais de Renfe e diversos colectivos ecoloxistas do país (4 de agosto).
  • Publicación do libro “Monte do Seixo. Reivindicación da Montaña Máxica”, escrito por Carlos Solla.
  • Organización dun roteiro polo Monte Seixo xunto con ADEGA.
  • Celebración dunha Polafía (serán, ruada…) no antigo local da Cámara Agraria en Cerdedo (1 de decembro).
  • Organización do VI Roteiro Sarmiento polos lugares afectados polo paso do TAV por Cerdedo.

CETMo:

  • Renovación da directiva de Verbo Xido na asemblea anual.

Novas 0 comentarios