7 Decembro 2005, por cetmo.
Actividades Reivindicativas:
- Apoio á convocatoria da “Plataforma contra da guerra do Irak” de Pontevedra.
- Felicitación ó presidente do Goberno pola retirada das tropas españolas de Iraq.
- Solicitude aos alcaldes de Terra de Montes para que se opoñan o trazado do tren de alta velocidade pola bisbarra.
- Informe sobre o impacto no patrimonio arquitectónico e medioambiental do paso do tren de alta velocidade por Cerdedo, enviado ao Ministerio de Fomento.
- Valoración pública positiva respecto da inclusión de diversos espacios naturais da bisbarra na Rede Natura 2000 e preocupación polo impacto que neles pode provocar o TAV.
- Publicación dun tríptico co gallo do Día das Letras Galegas, que reflicte a degradación da arquitectura tradicional e o patrimonio etnográfico na zona.
- Carta publicada nos xornais recordando que o Concello de Forcarei non colabora económicamente co Centro Etnográfico da Terra de Montes (CETMO) e nin sequera o inclúe nos seus folletos de propaganda.
- Apoio á Asociación Cultural “Ponte nas Ondas”, para que a tradición oral lusogalaica sexa declarada pola UNESCO patrimonio da humanidade.
- Denuncia pública do estado de abandono do Pazo das Raposeiras (Meilide)
Actividades Culturais:
-
- Presentación en Cerdedo do libro ‘Cerdedo in the voyager I’, de Carlos Solla, coa participación de Heitor Mera e as actuacións musicais de “Rabisaco” e “The Viñalar Fantastic Band”.
- Presentación en Soutelo de Montes da edición do ensaio ‘Etnoarqueoloxía da emigración’, de Alfredo González.
- Presentación en Cerdedo do libro ‘Xosé Otero Espasandín: vida e pensamento dun cerdedense desterrado’, de Dionisio Pereira e homenaxe ás víctimas do franquismo en Cerdedo, coa intervención do académico Francisco Fernández Rei e Manuel Monteagudo.
- Celebracion da segunda edición de ‘Terra de Todos’ en Soutelo de Montes, na que se inclúe a presentación do libro ‘Tal era vivir’, de Xosé Vázquez Pintor e homenaxe aos vellos canteiros; mostra dunha película de interese etnográfica realizada a comezos dos anos 80 sobre a “Festa do Can“ de Castro; e un guateque estilo anos 70.
- Mostra de cerámica e oficios tradicionais, co gallo das festas de Soutelo de Montes e do 4º aniversario do CETMO..
- Edición dunha guía didáctica do CETMO.
- Confección da páxina web do CETMO.
- Posta en marcha dunha biblioteca e centro de documentación especializados na Terra de Montes no CETMO.
- Edición dos nºs 7, 8 e 9 do Boletín de “Verbo Xido”
- Presentación en Soutelo de Montes do libro ‘A sombra das acacias’, de Manuel Blanco Rivas e mesa redonda encol dos “Escritores e escritoras de Tabeirós-Terra de Montes”, coa participación de Carlos Loureiro, Carme Hermida, Carlos Solla e Xabier Camba.
- Celebración la terceira edición do Roteiro Sarmiento.
CETMO
-
-
Alumnos do Colexio Junior’s de Santiago
Alumnos de Terceiro da ESO do Instituto de Ensino Secundario de Pazos de Borbén
- Alumnos de Primaria do Colexio O Foxo, de A Estrada
- Alumnos da Escola de Idiomas de Pontevedra
- Grupo de persoas da Terceira Idade de Codeseda (A Estrada)
- Grupo de persoas da Terceira Idade de Arteixo (Coruña)
- Grupo de veciños de Porto do Son (Coruña)
Novas 0 comentarios
7 Decembro 2005, por cetmo.
Actividades Reivindicativas:
- Realización de actos de protesta e campaña de información aos veciños, institucións e Valedor do Pobo sobre o impacto do trazado do AVE en Cerdedo. Presentación de alegacións denunciando os efectos medioambientais e socioeconómicos no territorio municipal.
- Denuncia da destrución de Patrimonio e feísmo arquitectónico en Soutelo.
- Percorrido do Roteiro Sarmiento no mes de abril para denunciar o mal estado de conservación do seu trazado.
- Campaña de prensa en oposición á instalación de ENCE en Cerdedo tras as manifestacións do alcalde, favorábeis á súa instalación.
- Petición ante o Concello de Forcarei para que mercase a casa modernista da familia González Barros en Soutelo para a súa posterior conversión en centro sociocultural.
- Ofrenda floral na Ponte do Barco (Pedre) aos asasinados pola represión fascista en Cerdedo en agosto de 1936 (9 de abril).
- Participación na manifestación contra ENCE que todos os anos convoca a APDR en Pontevedra.
- Petición ao Concello de Cerdedo do cambio de nome á rúa Manuel Gutiérrez Torres, ex alcalde e recoñecido fascista local durante a represión franquista posterior ao golpe de estado de 1936.
- Fomento da recuperación a nivel local da Memoria da Guerra Civil con motivo da inminente celebración do Ano da Memoria en toda Galiza (2006).
Actividades Culturais:
- Colaboración coa Asociación de Mulleres Espadela na organización da Festa de Vincha (incluso coa instalación dun stand de venda de libros).
- Edición dun tríptico informativo sobre o Roteiro Sarmiento.
- Publicación do libro “Xosé Otero Espasandín. Vida e pensamento dun cerdedense desterrado” escrito por Dionisio Pereira (Día das Letras Galegas).
- Presentación das conclusións do Congreso da Memoria da Represión Franquista (Narón, 2003).
- Ciclo de coloquios sobre “A represión franquista na Galiza” celebrados en Cuntis, A Estrada, Silleda, Lalín e Cerdedo coa participación de historiadores locais.
- Exposición “La República” e conferencia “La represión franquista en la provincia de Segovia” por Santiago Vega (17 de xullo).
- Celebración en Beariz da III Edición das xornadas Terra de Tod@s sobre “O patrimonio natural: crónica da desfeita” (6 de agosto).
- Apoio á candidatura do Patrimonio Inmaterial Luso-Galaico para a súa declaración como Patrimonio da Humanidade por parte da Unesco.
- Publicación do libro “Almanaque de Encantos” de Carlos Solla.
- Organización dun Roteiro Micolóxico polo Monte Seixo no outono.
- Organización do Roteiro Sarmiento con diversos grupos de estudantes.
CETMo:
- Visitas de grupos escolares ao CETMO.
- Valoración, por parte da Asemblea de Verbo Xido, da posible cesión da casa da familia Salgado en Cerdedo (Casa do sacristán), como co-sede da asociación xunto co CETMo.
- Incremento na tirada e paxinación do boletín Verbo Xido.
- Reivindicación e celebración dos cinco anos de existencia do CETMO sen axudas oficiais.
- Firma dun convenio coa Consellería de Presidencia do Goberno Galego para a cesión de parte dos fondos do CETMO para a súa exposición na Casa de Galicia en Madrid.
Novas 0 comentarios