Camiño do Pouso, nº 2
36560 Soutelo de Montes
Concello de Forcarei
Pontevedra
Horarios
Sábados e domingos
mañás 11:00 a 13:30
tardes 17:00 a 20:00
Resto dos días: previa cita no 986 75 61 91
ou no 696 51 30 33
30 Novembro 2004, por admin.
A Asociación Ecoloxista e Cultural “Verbo Xido”, organiza o día 12 de Decembro o 3º Roteiro “Padre Sarmiento”, na lembranza do traxecto percorrido polo ilustre frade no ano 1745, na súa viaxe de regreso a Madrid. Ten dúas partes:
1ª Rota dos poboados: Cerdedo (igrexa parroquial), ponte de San Antonio, ermida de San Antonio, A Revolta, Cavenca (casa-pazo de Cavenca, capela de San Salvador), Meilide (pazo das Raposeiras, capela do Loreto). Distancia 2km.
2ª Rota montesía: Porterra (Meilide), Outeiro do Castro (Monte do Seixo), Outeiro do Coto (Monte do Seixo). 5 Km.
Sairemos ás 10 da mañá da igrexa parroquial de Cerdedo. Compre levar comida, posto que faremos o xantar no Outeiro do Castro, bo calzado e roupa impermeable e de abrigo. contaremos cun guía de excepción e faremos paradas explicativas nos diversos lugares. As paisaxes, fermosísimas e se hai bo día, vermos o mar dende o Seixo e escoitaremos as voces dos emigrados en América.
Animádevos! Vinde connosco!
7 Novembro 2004, por admin.
Hoxe foi un día moi fermoso e o CETMO recibiu a visita dunha chea de alumn@s da EOI de Pontevedra, con Carlos, o seu profe de galego á súa fronte. Tod@s disfrutamos moito e agardamos que a Terra de Montes sexa máis coñecida e aprezada a partires de agora.
Bicos,
Lola